viernes, 26 de mayo de 2023

Curso en Mos de Monitor/a de actividades de ocio e tempo libre da ETL Scolé



Scolé Escola de Tempo Libre organiza en Mos un curso de Monitor/a de actividades de ocio e tempo libre

Modalidade: Intensivo (130h.) + parte telemática (70h.)
Lugar: Centro Sociocultural Celado - Cela, Mos.
Datas:
Do 10 ao 29 de xuño de 2023
Do 10 ao 21 de xuño (120 h. de formación presencial)
Do 22 ao 29 de xuño (80 h. de formación telemática)
Prezos:
Só curso persoas sen empadroar: 280 €*
260 €* para persoas empadroadas na parroquia de Cela e se vés con alguén.
* Opcións de pago fraccionado

premios injuve de xornalistica

Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación

Esta convocatoria premiará os traballos que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo Impreso, Fotoperiodismo, Xornalismo Audiovisual e Xornalismo Radiofónico.

Para iso, premiaranse os traballos publicados entre o 2 de xuño de 2022 e o 11 de maio de 2023, enmarcados no ámbito do xornalismo social, entendido como aquel que asume a súa responsabilidade nos procesos sociais, reflexiona sobre o seu papel no devir social e preocúpase pola procura de solucións.

Estes Premios estarán dotados, en cada unha das modalidades, con 5.000 €.

Quen poden participar?
Poderán tomar parte nestes Premios, persoas (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade, sexan de nacionalidade española ou sexan estranxeiros con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: 8 de xuño de 2023

Máis información no BOE do 11 de maio de 2023
 “A viaxe dos Pérez: da Cañada Real á súa primeira casa vertical”. David Expósito Martín e Miguel Ezquiaga Fernández. Premio 2022

Cartel anunciador das festas San Froilán 2023 de Lugo

 Concurso do cartel das festas de San Froilán 2023


O concello de Lugo convoca o concurso para as festas patronais de San Froilán 2023, para o cal debe poñer: 
- LUGO, SAN FROILÁN 2023
- 4-12 DE OUTUBRO
- A imaxe corporativa do Concello
- Festa de Interese Turístico Galego. Festa de Interese Turístico Estatal.
- www.sanfroilan.info
- Os logotipos das redes sociais existentes: Instagram, Twitter, Facebook e Youtube.
 
O gañador será premiado con 2.000 €

Se che interesa participar, pincha na imaxe


Cursos gratuitos sobre desinformación e delitos de odio

 Cando: Dende o 05/06/2023 ata o 27/06/2023.


Inscricións: Ata o 27/05/2023.


Prezo: de balde.


Páxina web: www.ecosdosur.org/cursosciber


Contacto:

Ecos Do Sur

Avenida de Fisterra, 109 (15004- A Coruña)

Tel: 881 965 692

correo-e: comunicacion@ecosdosur.org





Libros de texto e material escolar



A Xunta de Galicia convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.


Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
- En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto.
- No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23.
Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.
Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.


A asignación de libros farase:


a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.


A contía das axudas para adquirir libros de texto será:


a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.


b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.


c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.


d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.


Alumnado de ESO:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.


A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 75 € e con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.


O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 19 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B.
Máis información no DOG do 19 de maio de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Campamento tecnolóxico en Santiago e Lugo



A universidade de Santiago de Compostela vai acoller nos seus campos (Santiago e Lugo) un encontro maker para introducir á rapazada nas vertentes máis creativas e participativas de tecnoloxía.

Datas: Celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) do Campus de Santiago de Compostela e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo durante as semanas do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.

Esta iniciativa pretende “promover o desenvolvemento na cativada de habilidades relacionadas coa linguaxe da programación e as novas tecnoloxías”.
Dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 6 e 16 anos, o campamento contará con obradoiros de drons, domótica, IoT (Internet of Things) con Micro:Bit, talleres de Robótica con Lego, Edison e Arduino, de programación de aplicacións móbiles e desenvolvemento de videoxogos ou fabricación dixital con impresoras 3D.

“Todos os talleres están especialmente pensados para que o alumnado o pase xenial. Adaptados por idades e niveis, descubrirán como utilizar a tecnoloxía para expresarse, construír, colaborar e compartir. Farán novas amizades e aprenderán a linguaxe do futuro: o da programación”.

O horario das actividades desenvolvense de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, cun receso a media mañá.

A inscrisión pode formalizarse a través da páxina web do Campus Tecnolóxico ata que se esgoten as prazas ou ata quinze días antes do inicio da actividade.


https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/campus-tecnoloxico-formara-programacion-novas-tecnoloxias-cativada-6-16-anos






monitor de tempo libre

 

Axudas para libros de texto e material escolar

A Xunta de Galicia convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

Concurso de Curtos "Senado polo clima"



O Senado de España convoca o concurso de Curtos "Senado polo clima"

Poderá participar no concurso calquera persoa residente en España con idade comprendida entre os 12 e os 18 anos.
Se o curto foi realizado por varios autores, todos eles deben de cumprir os requisitos de participación (deberá figurar un deles como solicitante e o resto de autores no apartado de coautores)
A temática das curtametraxes será o cambio climático, podendo ser indistintamente de ficción, animación ou documentais.
Para máis informacón clica aquí.

Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño





A Xunta de Galicia convoca as estadías nas residencias de tempo libre das localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)


Persoas destinatarias
Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior.
Enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante.
Así mesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.


Distribución das prazas







Tipos de servizo
Servizo de aloxamento: inclúe a limpeza diaria.
Servizo de comedor: réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).


Prezos: DOG do 2 de marzo de 2012


As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS419A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2023.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2023 e en https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia/residencias-de-tempo-libre

Campamento tecnolóxico en Santiago e Lugo

 Campamento tecnolóxico en Santiago e Lugo


A Universidade de Santiago de Compostela vai acoller nos seus campus un encontro maker para introducir á rapazada nas vertentes máis creativas e participativas da tecnoloxía.

Para saber máis pincha aquí!!!

Esforza verá 2023


Esforza Verán 2023 para persoas con discapacidade

Actividade Axuda en Praia:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.

Actividade Vela Inclusiva:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
- Persoas que non teñen diversidade funcional, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.

Actividade Piragüismo inclusivo:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
- Persoas que non teñen diversidade funcional, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.

As solicitudes de inscrición nas actividades de Esforza Verán 2023 realizaranse exclusivamente de forma En liña, a través do Portal de Inscricións da páxina web da Fundación María José Jove: www.fundacionmariajosejove.org

O prazo para presentar as solicitudes de inscrición abrirase o día 22 de maio de 2023 ás 10.00h e manterase aberto ata o 2 de xuño de 2023 ás 14.00h.

https://www.fundacionmariajosejove.org/esfuerza-verano-2023/

viernes, 19 de mayo de 2023

Boletín de bolsas, axudas e subvecións



  Xa podes consultar o boletín quincenal de bolsas,                  subvecións, axudas e premios.........


                                           Boletín de novidades!






Concurso de cortometraxes


Concurso de Curtos "Senado polo clima"

O Senado de España convoca o  Concurso de Curtos '' Senado polo Clima'' para mozos e mozas de entre 12 e 18 anos

Se queres máis información pincha AQUÍ

Certame de Relatos Breves Feiraco



O Certame de Relatos Breves Feiraco chega a súa XI edición para incentivar a creación literaria.

Presenta dúas categorías de participación:

- nivel 1 para alumnado de 5º e 6º de primaria - nivel 2 para estudantes de 1º e 2º da ESO

Os textos, de temática é libre, co único condicionante de que a historia aconteza na Galicia do futuro, serán orixinais e estarán escritos en galego e terán unha extensión dunha páxina DINA-4 por unha soa cara como máximo. Os centros deberán remitir un relato seleccionado como máximo de cada nivel (de ser o caso), en formato pdf, a través da web falarei.gal/certame. O prazo de recepción estará aberto ata o 9 de xuño de 2023.

O xurado valorará a orixinilidade e creatividade, o coidado na redacción e o uso correcto da lingua galega das narracións.

Premios:

O relato gañador de cada nivel poderá gozar dunha excursión para toda a clase do autor,con transporte incluído, a unha granxa da empresa, durante o curso 2022/2023, onde poderá vivir a experiencia de ser gandeiro ou gandeira por un día. O/A autor/a da historia gañadora recibirá, ademais, unha mochila de vaca Feiraco. Alén diso, as mil primeiras persoas participantes recibirán un estoxo e o alumnado finalista de cada centro participante, un caderno de vaca Feiraco.

Maís información en: https://falarei.gal/certame/



Esforza Verán 2023 para persoas con discapacidade



A Fundación María José Jove convoca Esforza Verán 2023, un programa de Actividade Física Adaptada que levan a cabo a Fundación María José Jove en colaboración coa Fundación "La Caixa". Está dirixido a persoas con diversidade funcional que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables

Actividade Axuda en Praia:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.

Actividade Vela Inclusiva:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
- Persoas que non teñen diversidade funcional, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.

Actividade Piragüismo inclusivo:
- Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
- Persoas que non teñen diversidade funcional, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.

As solicitudes de inscrición nas actividades de Esforza Verán 2023 realizaranse exclusivamente de forma En liña, a través do Portal de Inscricións da páxina web da Fundación María José Jove: www.fundacionmariajosejove.org

O prazo para presentar as solicitudes de inscrición abrirase o día 22 de maio de 2023 ás 10.00h e manterase aberto ata o 2 de xuño de 2023 ás 14.00h.

director de tempo libre


Curso Director/a de tempo libre da ETL Don Bosco                                         
ESCOLA DE TEMPO LIBRE E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DON BOSCO

CURSO: DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

DATAS:
Do 18 ao 28 de agosto do 2023

HORARIO: 9:00H-14:00H, 16:00H-21:00H
O día 18 comeza as 16:00
O día 28 rema as 14:00
Modalidade: 100 horas presenciales e 50 horas online

LUGAR ONDE SE VAI IMPARTIR: Albergue Allariz
ENDEREZO: Carretera de Xunqueira, 7, 32660, Allariz, Ourense
TELÉFONO: 981 582243

 Curso Director/a de tempo libre da ETL Don Bosco

Monitor/a de Tempo Libre


 

Monitor/a de tempo libre



Datas de realización: 22 maio – 16 de xuño de 2023


Modalidade Mixta: Compatibilidade parte presencial e parte on line do 22 de maio o 16 de xuño de 2023

Horario parte presencial intensivo: Luns a venres : 8:00 a 13:30

Erasmus+: Xuventude en Acción. Intercambio xuvenil en Casgem/Ankara-Turquía



A Asociación Xuvenil Vrenza ten dispoñibles 4 prazas para participar no Training Course “Climate Watchers!” aprobado pola Axencia Nacional turca do programa Erasmus+: Xuventude en Acción.




Destinatarios/as: persoas maiores de 18 anos sin límite de idade interesados/as na temática do proxecto: aprender a vivir en armonía co cambio climático, concienciar sobre o desperdicio, especialmente da auga e enerxía, aumentar as competencias sobre o correcto uso dos recursos e animar a loitar contra calquera tipo de desperdicio.
Países participantes: Bulgaria, Italia,Macedonia, Portugal Turquía, España, Letonia, Grecia, Rumanía, Alemania.
Datas de realización: do 18-23 Maio 2023.
Lugar de realización: Casgem/Ankara (Turquía).
Entidade organizadora: Yedi Iklim Kultur Sunat Egitim Bilim Ve Yardimlasma Dernegi. https://yediiklim.org/
Custos: A entidade organizadora turca reembolsará os custes de desprazamento ata un máximo de 530€, presentando boarding pass, e-ticket e facturas dos correspondentes billetes.
A participación no proxecto ten unha cota de 100 €, que será abonada nunha conta bancaria que será ingresada nos seguintes 24 horas da confirmación da praza. Necesitarase unha xustificación bancaria do ingreso para a confirmacion definitiva da praza.






Inscrición: Para inscribirse os/as mozos/as interesados/as deberán contactar ao Whatsapp +34649180994
As prazas outorgaranse por rigoroso orde de inscripción. Confirmada a praza, os/as seleccionados/as deberán remitir nun prazo de 48 horas ao número de teléfono facilitado a seguinte documentación:
- Copia do billete de avión
- Fotocopia do DNI e pasaporte en vigor
- Fotocopia da póliza de seguro de viaxe (non obrigatorio pero recomendable)
Recoméndase levar o Carné Internacional de Estudiante/Carné Xove (o cal ten un seguro de viaxe).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple (2/3)
- Transporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida

monitor de tempo libre

Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Ourense

Curso de monitor/a de tempo libre

ESCOLA: ESTOU (Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense)                                           
LUGAR: Ourense                                                                                                                                               
ENDEREZO:Pavillón de Asociacións. Campus de Ourense.                                                                        
DATAS:Xuño: 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30.                                                     
HORARIO:De luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00h ás 21:00h                                                             
PRAZO INSCRICA partir do Martes 09 de Maio, a partir das 19:00 horas na Oficina de ESTOUPO             
PREZO: 160 €

REQUISITOS:
Ter cumpridos os 18 anos
Ter o Graduado en educación secundaria, graduado escolar (ou outro equivalente) ou ben Técnico auxiliar en formación profesional (ououtro equivalente).

CONTACTO:
facebook.com/escolaestou
secretariaestou@gmail.com
escolaestou@gmail.com

Liga Xunta de Galicia de Break



A terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break comeza o sábado 13 de maio en Lalín e percorrerá 10 localidades con máis de 120 participantes.

As inscricións para a terceira Liga Xunta de Galicia de Break son de balde e deberán realizarse a través de web: https://ligaxuntabreak.org


Poderán participar todas as persoas de 6 ou máis anos e, debido a que as prazas son limitadas adxudicaranse por estrita orde de inscrición con reserva de prazas a competidores da categoría intermedia (as persoas que acadaran entre o 1º e o 10º posto do ranking individual de iniciación da Liga de Break 2022).

A Liga Xunta de Galicia de Break 2023 comezará o sábado 13 de maio en Lalín. Tamén estará en Portedeume, o 20 de maio; en Noia, o 3 de xuño; en Porto do Son, o 1 de xullo; en Verín, o 26 de agosto; en Vigo e A Coruña, o 16 e o 23 de setembro respectivamente; en Pontevedra, e Ourense, o 14 e 28 de outubro; e en Santiago de Compostela o 11 de novembro.

Nas tres categorías de iniciación, intermedia e avanzada ofrécese a posibilidade de participar en formato individual (1Vs1). No caso do formato de parellas (2Vs2) a categoría é aberta e poden formar parella competidores de diferentes categorías.

Maís información en: https://ligaxuntabreak.org










Sorteo de 50€

 

O sorteo deste mes consiste nun vale de cincoenta euros para comprar gafas de sol en calquera óptica adherida ao Carné Xove.

Podes participar ata o 25 de maio cumplindo os requisitos que podes comrobar aquí


jueves, 18 de mayo de 2023

Campus de verán, Gallaecia.


O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de xuño de 2023. Para calquera dúbida pódese                                contactar no  correo programa.ecompartido@udc.es

A conducta pas

                        A CONDUCTA PAS 


É un protocolo de actuación en caso de accidente, consiste en aplicar tres accións básicas: Protexer, Avisar e Socorrer.
A Dirección Xeral de Tráfico editou unha Guía de Prevención e Comportamento ante un accidente de tráfico, presentando a información básica de coñecementos a ter en conta e A Cruz Vermella un folleto “En tu hogar-Quérete moito”de como actuar ante un accidente doméstico


A Conduta PAS

viernes, 12 de mayo de 2023

Premio de relato curtos

 Premio de relatos curtos ''Notear''

A xunta abre os prazos da IX edición do Concurso de telatos curtos Notear, para a mocidade de entre 16 e 36 anos.
Se queres saber máis, pincha aquí



XXXIII Premio Literario Camilo Jose Cela



O Concello de Padrón convoca o Concurso de Narrativa "XXXIII Premio Literario Camilo José Cela"

Os relatos terán unha extensión de 12 a 25 folios, mecanografiados ou escritos en formato word, a dobre espazo, con tipo de letra Arial e tamaño 12. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou castelán.

O prazo de entrega dos relatos estará aberto ata o 17 de xullo de 2023.

Presentaranse no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello de Padrón (tamén se poderán enviar por correo postal) situado na planta baixa da casa consistorial, na dirección Rúa Longa n° 27, 15900, Padrón (A Coruña), por quintuplicado exemplar, sen firma e cun lema. Achegarase ademais un sobre pechado no que figure por fóra dito lema e dentro indicarase o nome, apelidos, D. N.I, teléfono e dirección de correo electrónico e dirección de correo ordinario do autor ou autora do traballo e unha declaración asinada polo mesmo ou a mesma de que o relato se axusta ás normas establecidas na base segunda. Só se abrirá o sobre do traballo premiado.

Premio de 1.500 € e unha figura do escritor Camilo José Cela.


http://padron.gal/actualidade/item/1169-o-concello-de-padron-convoca-o-xxxiii-premio-literario-camilo-jose-cela



Curso en Vigo de Monitor/a de actividades de Tempo Libre da ETL Xarum

 



A Escola Tempo Libre Xaruma organiza un curso de Monitor/a de actividades de Tempo Libre en Vigo
Datas: 19 de xuño – 27 de xullo de 2023
Horario: luns a venres de 9 h a 14 h. Puntualmente, tardes de 15 h a 20 h.
Lugar: Centro Gárate, Local da ETL Xaruma. R/Sanjurjo Badía 79. Vigo
Prezo: 270 € socios/as e voluntariado activo na entidade; 285 € tarifa ordinaria

Escola de tempo libre Xaruma
Teléfono: 698 175 266

Curso avanzado de especalzación orquestral



A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela.

Ofertase 18 prazas:
Violín 6
Viola 2
Violonchelo 2
Contrabaixo 1
Oboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1

Beneficiarios/as: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:
a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/93
b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2023.

Todo o alumnado disporá dunha bolsa por unha cantidade de 300 euros ao mes, de outubro do 2023 a xuño de 2024.
O alumnado, como membros de pleno dereito da USC, terán posibilidade de aloxamento na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións .

Inscrición: As solicitudes poderán presentarse ata o día 9 de xuño de 2023 a través da páxina web www.eaem.es

Máis información en http://www.consorciodesantiago.org/sites/default/files/bases_caeo_2023_2024_firmadas.pdf

Curso avanzado de especialización orquestral.



A Escola de Altos Estudios Musicales de Galicia convoca un curso avanzado de especialización orquestral título propio de posgrao da Universidade de Santiago de Compostel.

Beneficiarios/as: Instrumentistas das especialidades ofertadas en posesión de titulación superior.
Requisitos:

a) Idade: Poderán inscribirse aqueles candidatos nacidos a partir do 1/10/93

b) Estar en posesión do título de Grao Superior ou certificación de estudos que corresponda e que acredite a finalización dos estudos musicais ou ben que se encontre en trámites de finalización. Neste último caso, o alumno deberá posuír a condición de titulado superior antes do 31 de decembro de 2023.

Para mais infotmacion clica Aquí

bicicletas elèctricas





A Xunta de Galicia convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade empadroadas nun municipio de Galicia.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Contía das axudas:
- Axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido: 500 euros; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600 euros, e de 700 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial.
- Axuda por bicicletas de man híbridas ou eléctricas: 700 euros.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 10.00 horas do día 1 de xuño de 2023 e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

A tramitación da solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal

Máis información no DOG do 5 de maio de 2023 e en https://ebici.xunta.gal

jueves, 11 de mayo de 2023

Bicicletas eléctricas


                               Únete!

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade empadroadas nun municipio de Galicia.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

Contía das axudas:
- Axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido: 500 euros; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600 euros, e de 700 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial.
- Axuda por bicicletas de man híbridas ou eléctricas: 700 euros.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 10.00 horas do día 1 de xuño de 2023 e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

A tramitación da solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal

Máis información no DOG do 5 de maio de 2023 e en https://ebici.xunta.gal



Vaste a examinar da ABAU? Ponderacións e notas de corte



A Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, publica os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato, ABAU, para o acceso ás ensinanzas universitarias de Galicia para o curso 2023/24.

Ponderación e as últimas notas de corte: https://ciug.gal/ .

viernes, 5 de mayo de 2023

Premios extraordinarios de ESO



A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.

Requisitos: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos

A proba estruturarase en dúas partes:

a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura, e Primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso:



Xeografía e historia.

– Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas.

– Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.




O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es.

Programa actualízate: Ciberseguridade

                          Programa Actualízate: Ciberseguridade


CANDO
: O curso ten dúas edicións: unha comeza o 5 de xuño e outra o 12 de xuño de 2023.

HORARIO: 09:00h. - 14:00h. e de 15:00h.- 18:00h.

DURACIÓN: 200h Formación presencial - 53h Formación en remoto - 12h Orientación laboral

PREZO: Gratuíto.

REQUISITOS:
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
Non se necesitan coñecementos previos.

https://www.actualizateprograma.es/ciberseguridad

CONTACTO:
admisiones@actualizateprograma.es
WhatsApp: 671 164 091



XXI Premio de Poesía Afundación


A Fundación Abanca convoca o XXI Premio de Poesía Afundación

Poderán participar persoas de calquera nacionalidade, maiores de idade e que non fosen premiadas cun Premio de Afundación nos últimos 5 anos.
As obras deberán ter unha extensión mínima de 600 versos, non poderán estar presentadas simultaneamente a outros concursos.
Os orixinais deben de se presentar por quintuplicado, mecanografados e baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autoría, fotocopia do DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e breve CV.
Os traballos deben de se enviar por correo postal ou empresa mensaxeira a:
Sede Afundación Vigo Rúa Policarpo Sanz, 26, 36202 - Vigo Indicarase XXI Premio de Poesía Afundación no sobre.

Prazo: ata o 31 de xullo de 2023

Premio: Único premio de 6.000€

https://www.afundacion.org/es/cultura/premios#section-premio-de-poesia-afundacion





Actividades en Oleiros



As casas da Mocidade de Oleiros fan unha lista de actividades para o mes de maio, para mocidade de entre 14 e 30 anos no que se levarán a cabo diferentes actividades como obradoiros de cociña ou lettering.

Bolsas en actividade comercial



A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca 2 bolsas de formación.

O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgún título universitario e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2014 ou posterior.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 9.000 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de maio de 2023 e deben tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.

Máis información no DOG do 21 de abril de 2023 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/direccion-xeral-de-comercio-e-consumo así como no teléfono 881 995 799 e no correo cei.dxc.axudas@xunta.gal



Boletín de bolsas, axudas e subvencións

                              
                       Necesitas axuda?
Xa podes consultar o boletín quincenal de bolsas, subvencións, axudas e premios.........
                                                                                                           Clica aquí:                                                                                         Boletín de novidades!



Axudas para a realización de actividades no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+»



O Instituto da Mocidade convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+» durante 2023.☖

As persoas solicitantes deberán rexistrarse previamente segundo o procedemento establecido na Guía do Programa.
As persoas solicitantes deben presentar a súa solicitude electrónica utilizando unicamente os formularios específicos para cada acción e dispoñible no sitio web da Axencia Nacional.Ռ




Para mas información clica aquí

benestar emocional da mocidade

                BENESTAR EMOCIONAL DA MOCIDADE


A Fundación Mutua Madrileña e a FAD desenvolveron a iniciativa #NoLeDesAlCoco na que contaron coa colaboración de Sara Socas. A rapera desenvolveu un tema musical para concienciar sobre os problemas de saúde mental e animar a pedir axuda no caso de sufrilos.

Máis información: Fad juventud . Centro Reina Sofia sobre adolescencia y juventud

Recorda que o servizo Quérote+ da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal .
Benestar emocional dos mozos

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...