viernes, 19 de mayo de 2023

Liga Xunta de Galicia de Break



A terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break comeza o sábado 13 de maio en Lalín e percorrerá 10 localidades con máis de 120 participantes.

As inscricións para a terceira Liga Xunta de Galicia de Break son de balde e deberán realizarse a través de web: https://ligaxuntabreak.org


Poderán participar todas as persoas de 6 ou máis anos e, debido a que as prazas son limitadas adxudicaranse por estrita orde de inscrición con reserva de prazas a competidores da categoría intermedia (as persoas que acadaran entre o 1º e o 10º posto do ranking individual de iniciación da Liga de Break 2022).

A Liga Xunta de Galicia de Break 2023 comezará o sábado 13 de maio en Lalín. Tamén estará en Portedeume, o 20 de maio; en Noia, o 3 de xuño; en Porto do Son, o 1 de xullo; en Verín, o 26 de agosto; en Vigo e A Coruña, o 16 e o 23 de setembro respectivamente; en Pontevedra, e Ourense, o 14 e 28 de outubro; e en Santiago de Compostela o 11 de novembro.

Nas tres categorías de iniciación, intermedia e avanzada ofrécese a posibilidade de participar en formato individual (1Vs1). No caso do formato de parellas (2Vs2) a categoría é aberta e poden formar parella competidores de diferentes categorías.

Maís información en: https://ligaxuntabreak.org










No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...