viernes, 26 de mayo de 2023

Campamento tecnolóxico en Santiago e Lugo



A universidade de Santiago de Compostela vai acoller nos seus campos (Santiago e Lugo) un encontro maker para introducir á rapazada nas vertentes máis creativas e participativas de tecnoloxía.

Datas: Celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) do Campus de Santiago de Compostela e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo durante as semanas do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.

Esta iniciativa pretende “promover o desenvolvemento na cativada de habilidades relacionadas coa linguaxe da programación e as novas tecnoloxías”.
Dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 6 e 16 anos, o campamento contará con obradoiros de drons, domótica, IoT (Internet of Things) con Micro:Bit, talleres de Robótica con Lego, Edison e Arduino, de programación de aplicacións móbiles e desenvolvemento de videoxogos ou fabricación dixital con impresoras 3D.

“Todos os talleres están especialmente pensados para que o alumnado o pase xenial. Adaptados por idades e niveis, descubrirán como utilizar a tecnoloxía para expresarse, construír, colaborar e compartir. Farán novas amizades e aprenderán a linguaxe do futuro: o da programación”.

O horario das actividades desenvolvense de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, cun receso a media mañá.

A inscrisión pode formalizarse a través da páxina web do Campus Tecnolóxico ata que se esgoten as prazas ou ata quinze días antes do inicio da actividade.


https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/campus-tecnoloxico-formara-programacion-novas-tecnoloxias-cativada-6-16-anos






No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...