viernes, 19 de mayo de 2023

Erasmus+: Xuventude en Acción. Intercambio xuvenil en Casgem/Ankara-Turquía



A Asociación Xuvenil Vrenza ten dispoñibles 4 prazas para participar no Training Course “Climate Watchers!” aprobado pola Axencia Nacional turca do programa Erasmus+: Xuventude en Acción.




Destinatarios/as: persoas maiores de 18 anos sin límite de idade interesados/as na temática do proxecto: aprender a vivir en armonía co cambio climático, concienciar sobre o desperdicio, especialmente da auga e enerxía, aumentar as competencias sobre o correcto uso dos recursos e animar a loitar contra calquera tipo de desperdicio.
Países participantes: Bulgaria, Italia,Macedonia, Portugal Turquía, España, Letonia, Grecia, Rumanía, Alemania.
Datas de realización: do 18-23 Maio 2023.
Lugar de realización: Casgem/Ankara (Turquía).
Entidade organizadora: Yedi Iklim Kultur Sunat Egitim Bilim Ve Yardimlasma Dernegi. https://yediiklim.org/
Custos: A entidade organizadora turca reembolsará os custes de desprazamento ata un máximo de 530€, presentando boarding pass, e-ticket e facturas dos correspondentes billetes.
A participación no proxecto ten unha cota de 100 €, que será abonada nunha conta bancaria que será ingresada nos seguintes 24 horas da confirmación da praza. Necesitarase unha xustificación bancaria do ingreso para a confirmacion definitiva da praza.






Inscrición: Para inscribirse os/as mozos/as interesados/as deberán contactar ao Whatsapp +34649180994
As prazas outorgaranse por rigoroso orde de inscripción. Confirmada a praza, os/as seleccionados/as deberán remitir nun prazo de 48 horas ao número de teléfono facilitado a seguinte documentación:
- Copia do billete de avión
- Fotocopia do DNI e pasaporte en vigor
- Fotocopia da póliza de seguro de viaxe (non obrigatorio pero recomendable)
Recoméndase levar o Carné Internacional de Estudiante/Carné Xove (o cal ten un seguro de viaxe).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple (2/3)
- Transporte local no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida

No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...