viernes, 31 de marzo de 2023

V Premio Alfonso II "Os Diarios Do Camiño De Santiago"

                                                       

                                                                   Podes gañar!

Prazo de inscrición: Do 14/03/2023 ao 16/09/2023

O obxecto e finalidade deste premio é, por unha banda, manter viva a lembranza de que o primeiro peregrino e fundador do Camiño de Santiago foi Afonso II (Camiño Primitivo), cuxa iniciativa contribuíu decisivamente a incorporar o embrionario Reino de Asturias ao o proceso de construción de Europa, e por outro, mellorar o coñecemento sobre as características e obxectivos do peregrino actual.

Poderán participar no premio todos aqueles que o desexen, cun "diario do camiño" orixinal e inédito que conterá, desde a liberdade de creación literaria, vivencias e reflexións persoais do seu autor sinaladas ao longo do Camiño Primitivo de Santiago no contacto con o medio natural e cultural do percorrido percorrido.
Así mesmo, tamén poderán optar ao premio aqueles traballos presentados en convocatorias anteriores que non fosen premiados en ningunha edición.
A presentación de solicitudes realizarase en calquera dos seguintes rexistros da Universidade de Oviedo: 

Rematará o 16 de setembro de 2023.
Convocatoria: Universidade de Oviedo.
Requisitos: Poderán optar ao premio todas as persoas que o desexen, independentemente da súa nacionalidade.

O premio consistirá na edición do traballo presentado a concurso e nun diploma acreditativo do premio da Universidade de Oviedo.
Más información:https://sede.asturias.es/bopa/2023/03/13/2023-01720.pdf

Espazo compartido



ESPAZO COMPARTIDO

Prazo de inscrición: do 27 de marzo ao 19 de maio de 2023

https://www.udc.es/es/cufie/ADI/EspazoCompartido/ 

Turismo en Galicia

A Axencia Turismo de Galicia convoca 14 bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma:

2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos) 

2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)

2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña

2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra

2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo

2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo

2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense

Programa de ocio educativo "Día da Xuventude"



A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, pon en marcha un novo programa de lecer e educación non formal dirixido aos mozos e mozas galegos desde o mes de xaneiro de 2023 ata abril.


Deste xeito búscase celebrar e poñer en valor o “Día da Xuventude” cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en ata 30 concellos diferentes das catro provincias galegas.


Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:


Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.


Lecer educativo: Fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.


Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.


Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.


Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.


Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.


Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.


Febreiro:


MUROS: Venres, 17 de febreiro, de 16 a 21 horas no Curro da Praza. Actuación de The Balayöös.
BANDE: Sábado, 18 de febreiro, de 16 a 21 horas na Praza da Constitución. Actuación de Simplemente Enricco.
SANTA COMBA: Domingo, 19 de febreiro, de 16 a 21 horas no Recinto Feiral (mercado do gando). Actuación de DJ Rokiño.
A FONSAGRADA: Venres, 24 de febreiro, de 16 a 21 horas no Pavillón do CEIP Plurilingüe Santa María. Actuación de Enriba da Brétema.
MELIDE: Sábado, 25 de febreiro, de 16 a 21 horas no Pazo de Congresos e Exposicións.
RIBEIRA: Domingo, 26 de febreiro, de 16 a 21 horas no Espazo Municipal de usos múltiples. Actuación de Dani Recho.


Marzo:


ORDES: Venres, 3 de marzo, de 16 a 21 horas na Alameda. Actuación de Embruxo Gaiteiros.
VILAGARCÍA: Sábado, 4 de marzo, de 17 a 22 horas na Praza da II República (explanada do Auditorio). Actuación de Martina López.
PONTEAREAS: Domingo, 5 de marzo, de 16 a 21 horas na Praza Maior. Actuación de Os Alecríns.
O BARCO DE VALDEORRAS: Venres, 10 de marzo, de 16 a 21 horas no pavillón vello (Praza de España). Sesión DJ con Rafa Aguiar.
CELANOVA: Sábado, 11 de marzo, de 16 a 21 horas no Pavillón Pedra da Moa. Actuacións de Breaking Fast e da Banda de música xuvenil de Celanova.
MONDOÑEDO: Domingo, 12 de marzo, de 16 a 21 horas na Praza da Catedral. Sesión con DJ Peabody.
PADRÓN: Venres, 17 de marzo, de 16 a 21 horas no pavillón polideportivo do Grupo Escolar. Actuación de Pecha a Cansela.
CALDAS DE REIS: Sábado, 18 de marzo, de 16 a 21 horas no patio do CPR Plurilingüe San Fermín. Actuación de Diego Méndez.
O PORRIÑO: Sábado, 25 de marzo, de 16 a 21 horas no Auditorio exterior do Centro Cultural Municipal. Sesión con DJ Pitty.


Abril:


RIBADEO: Sábado, 1 de abril, de 16 a 21 horas no Pavillón Municipal. Actuación de Festra, Glzeta & DJ Maybe LK.
O CARBALLIÑO: Domingo, 2 de abril, de 16 a 21 horas na Praza Maior. Actuación de Percucar.
VIANA DO BOLO: Sábado, 8 de abril, de 16 a 21 horas no exterior do Pavillón Municipal.


LALÍN: Sábado, 15 de abril, de 16 a 21 horas na Praza da Igrexa .

Digochiño

A CRTVG estrea nova canle en YouTube Kids, dedicada aos máis pequenos da casa e onde xa é posible atopar os vídeos de ‘Digochiño’, a mascota do #DígochoEu, que están tamén dispoñibles na súa propia web, digochiño.gal.


Unha maneira de aprender galego mais divertida.YouTube Kids é unha plataforma de vídeos que ofrece unha experiencia en liña máis segura para os menores, cunha contorna máis controlada para que estes poidan navegar por si mesmos facilmente.

Axudas




A Consellería de Emprego e Igualdade convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Entre outros terán preferencia os seguintes proxectos:
- Proxectos que establezan servizos dirixidos as persoas mozas e ás mulleres, tendentes a favorecer a súa participación social e laboral.
- Proxectos que consistan no establecemento de oficinas municipais de información xuvenil, mediante a contratación de mozos e mozas desempregados menores de 30 anos para realizar as funcións de información, animación ou dinamización xuvenil.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, a través do formulario TR351A
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de abril de 2023.
Máis información no DOG do 21 de marzo de 2023.

Premio ao cidadán Europeo/a

                                              Queres apuntarte ?

Cada ano, o Parlamento Europeo lanza o Premio do Cidadán Europeo para premiar logros excepcionais nos seguintes ámbitos:
-Actividades que promovan unha mellor comprensión e integración mutuas entre os cidadáns dos Estados membros ou que faciliten a cooperación transfronteiriza ou transnacional dentro da Unión Europea.
-Actividades de cooperación cultural transfronteiriza ou transnacional a longo prazo que contribúan a reforzar o espírito europeo.
-Proxectos vinculados ao actual Ano Europeo.
-Actividades que dean expresión concreta aos valores recollidos na Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.

Poderán optar ao premio os cidadáns que sexan nacionais dun Estado membro da UE ou nacionais de terceiros países que residan legalmente no territorio da Unión na data de presentación da súa candidatura ou solicitude.

Os cidadáns, colectivos cidadáns, asociacións ou organizacións poden solicitar o Premio Cidadán Europeo polos proxectos que realizaron, ou ben poden designar outro cidadán, grupo, asociación ou organización para o Premio Cidadán Europeo.

Os deputados ao Parlamento Europeo teñen dereito a presentar candidaturas, unha por deputado cada ano.

As solicitudes pódense enviar antes do 31 de marzo de 2023 (23:59, hora de Buxelas).

Máis información: https://www.europarl.europa.eu/at-your-service/en/be-heard/prizes









Programa de ocio educativo "Día da Xuventude"



A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, pon en marcha un novo programa de lecer e educación non formal dirixido aos mozos e mozas galegos desde o mes de xaneiro de 2023 ata abril.

Deste xeito búscase celebrar e poñer en valor o “Día da Xuventude. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables,

-30 concellos diferentes das catro provincias galegas.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

-Gastronomía saudable

-Lecer educativo

-Sensibilización medioambiental

-Igualdade de xénero.

-Taller de graffiti

-Habilidades para a empregabilidade

Información xuvenil:
Para mais información clica aquí

viernes, 24 de marzo de 2023

injuve



O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2023.

Beneficiarias:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros de entre 14 e 30 anos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus estatutos.

As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
- Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.
- Carecer de fins de lucro

Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 15 de marzo de 2023 e www.injuve.es

Quieres ser socorrista


Queres ser Socorrista?
A Academia Galega de Seguridade Pública convoca cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN).

Obxectivos: Obter a formación necesaria para a inscrición no rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Lugar: Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra.

Destinatarios/as: Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia

Inscricións: http://agasp.xunta.gal

O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de marzo de 2023

Concurso de música en directo

         Queres participar?               Vamos apuntate!




A idade de todos/as os/as participantes ha de estar comprendida entre os 13 e 35 anos.

Os grupos e/o solistas que se presenten deberán poder desenvolver en directo un repertorio aproximadamente de entre 20 e 30 minutos.

Podes formalizalo ata o 20 de marzo ás 12:00 a través do formulario de inscrición que poderás atopar na web www.abiertohastaelamanecer.com.

A fase de actuacións será desde o 30 de marzo ao 2 de abril de 2023.
As actuacións levarán a cabo no salón de actos do Centro Municipal Integrado do Coto da cidade de Xixón.




Premios
Premios ao grupo/solista gañador/a de o Concurso: Bono económico de 500 € en material musical a trocar na tenda de Pronorte e un detalle conmemorativo.
Premio ao segundo grupo/solista do Concurso: Bono económico de 200 € en material musical a trocar na tenda de Pronorte e dun detalle conmemorativo.
Premio ao terceiro grupo/solista do Concurso: Bono económico de 150 € en material
musical a trocar na tenda de Pronorte e dun detalle conmemorativo.
Premio ao mellor grupo revelación: Bono económico de 100 € en material musical a trocar na tenda de Pronorte e dun detalle conmemorativo. Outorgarase ao mellor solista ou grupo cuxos integrantes non superen os 20 anos de idade.
Premio á creatividade e posta en escena: Bono económico de 100 € en material musical a trocar na tenda de Pronorte e dun detalle conmemorativo.





MOCIDADE VOLUNTARIA EN NACIÓNS UNIDAS

 A Mocidade Voluntaria das Nacións Unidas son unha categoría creada recentemente en resposta ao chamamento do Secretario Xeral da ONU a unha maior participación no voluntariado da xeración máis numerosa da historia, formada por persoas menores de 30 anos.

Quen son os Mozos Voluntarios das Nacións Unidas?

Mozos e mozas motivados/as e con talento de entre 18 e 29 anos (ser menor de 29 durante toda a duración do seu voluntariado) que desexan participar en iniciativas de desenvolvemento e paz no seu propio país ou noutro país do mundo.

A súa formación académica e a experiencia requirida varían segundo a asignación, pero en xeral non se espera unha experiencia laboral superior a dous anos.

Destinos
Os voluntarios/as poden traballar en dereitos humanos, loita contra o cambio climático, atención sanitaria primaria, xestión de catástrofes, consolidación da paz ou participación xuvenil entre outras moitas outras áreas.

Poden traballar directamente nunha axencia das Nacións Unidas ou ser asignados a unha das súas organizacións asociadas, a unha universidade ou ao goberno.

Beneficios
As persoas voluntarias veranse recompensadas cunha experiencia que lles acompañará o resto da súa vida.
A súa participación como Mozos Voluntarios das Nacións Unidas será unha oportunidade para cambiar o mundo a mellor e, ao mesmo tempo, perfeccionar as súas propias aptitudes, adquirir coñecementos e comprender mellor as realidades do desenvolvemento internacional e a consolidación da paz.

Dotación
As persoas voluntarias reciben unha asignación básica que lles permite vivir na zona asignada.
Se prestan servizo voluntario fóra da súa zona de orixe, o avión de ida e volta ou o transporte terrestre (segundo proceda) e algúns outros gastos básicos corren a cargo do organismo de acollida.
Recibirán orientación e formación antes e despois do voluntariado.

Duración
A maioría dos voluntariados dos Mozos Voluntarios das Nacións Unidas teñen unha duración de entre 6 e 24 meses. En ocasións, os voluntariados de Mozos Voluntarios das Nacións Unidas nacionais e internacionais son inferiores a seis meses, denominándose estancias de curta duración.

Cando os Mozos Voluntarios ONU son patrocinados por unha institución académica, denomínaselles Novos Voluntarios Universitarios ONU. Os Mozos Voluntarios ONU Universitarios realizan voluntariados de menor duración, xeralmente entre 3 e 6 meses.

https://www.unv.org/become-un-youth-volunteer .

Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Vigo

                                    Queres a praza?



Datas de realización de fase teórica: dende o 12/4/23 - 8/6/23
Horario: De luns a vernes: de 09.00-14.00


Lugar de impartición das clases teóricas: Aulas de formación no Centro Cultural de Matamá Vigo.


Nº DE PRAZAS: 25



CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO: tal e como marca o Decreto 50/2000 de xuventude, os alumnos/as deben ser maiores de 18 anos e estar en posesión do título de ESO.
Todos os que cumpran este requisito inscribiranse por orde de chegada.

CAMPOS DE VOLUNTARIO NO ESTRANXIERO

 Se queres participar no programa de Campos de voluntariado no estranxeiro, o luns, día 13 de marzo, ábrese o prazo para presentar as solicitudes.

Existen máis de 400 opcións de campos ás que poderás apuntarte.

Máis información .

Concurso Literario de Ames

 

XX Certame Literario de Ames

O concello de Ames presenta o XX Concurso Literario de Ames, pode participar calquera persoa que presente un texto en galego.

Se queres saber as bases, pincha aquí!

viernes, 17 de marzo de 2023

Premios Nacionales de Xuventude 2023




Concederase un único premio en cada unha das seguintes categorías:


- Compromiso social. Recoñecemento ao labor desenvolto no ámbito social e o voluntariado.

- Cultura. Recoñecemento á utilización de disciplinas artísticas para transmitir valores.

- Medio Ambiente. Recoñecemento á realización de actuacións que fomenten o respecto ao medioambiente.

- Deporte. Recoñecemento a actuacións realizadas para que o deporte sexa un medio para adquirir e transmitir valores entre os máis novos.

- Ciencia e tecnoloxía. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvoltas no ámbito da ciencia e a tecnoloxía.

- Dereitos Humanos. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvoltas no ámbito dos dereitos humanos.

A dotación do premio é de 5.000 € por cada categoría.
                                                                       

Emprendemento xuvenil



Trátase dun programa en liña totalmente gratuito, o programa realizase en modalidade semipresencial,

conprimera e última semana presencial e o resto en streming, vía zoom. Clases: luns, martes e xoves de

10:00 a 13:00 hs. as sesións conxuntas e titorías das semanas presenciais realizanse no Cei Nodus:

Avda Coruñan 500, 27003, Lugo. (Cuartel de Garabolos á beira dos dombeiros)
Requisitos : ser menor a 30 años, non estar a traballar e ser beneficiari@ de garantía
Inscricións: poden ser por este número, 663064806.



Tecnólog@ por un día

A axencia AMTEGA abre o prazo de inscrición da oitava edición de Tecnólog@ por un día.
    Tecnólog@ por un día é unha actividade na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás profesións dixitais



Solicitude de inscrición (Do 8 ao 28 de marzo de 2023)
Asignación de prazas: As prazas asignaranse aplicando o resultado dun sorteo público que se celebrará a segunda semana de abril no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A partir do 11 de abril

Desenvolvemento da actividade (Do 17 de abril ao 26 de maio de 2023)

Tecnólog@ por un día

Para m
áis información

Sorteo Carné Xove




Premio: anillo de luz con trípode.

Se queres saber os pasos para o sorteo pincha na imaxe!












SORTEO DE ANEL DE LUZ PARA SELFIES CON SOPORTE TRÍPODE 11 POLGADAS .

 Sorteo! Gaña un anel de luz para selfies con soporte trípode 11 polgadas!

Queremos saber para que usas #CarnéXove e que llo recomendes ás túas amizades.

Para participar tes que:
1. Darlle gústame á publicación do sorteo en instagram
2. Seguir a @xuventudegalicia
3. Mencionar o perfil dunha amizade explicándolle para que utilizas o Carné Xove.
IMPORTANTE! Se mencionas o establecemento / marca no que usas o Carné Xove tes dobre participación. EN CADA COMENTARIO DEBES MENCIONAR A PERSOAS DISTINTAS.
4. Ter o Carné Xove

Podes participar ata as 12 pm do 30 de marzo!

https://www.instagram.com/p/CpkNUufqjvL/ .

Concurso de Cómics e Manga

 


Concurso Internacional de Cómics e Manga para estudantes 2023


Se queres máis información pincha na imaxe


Categorías: Cómic, Manga, Bande Dessinée e Webtoon, Guión, Ilustración

Tema: luz e escuridade

Data límite: 10/04/2023

A REDE ESPAÑOLA



A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) lanza de novo este ano a campaña de Bonos Albergues REAJ, co fin de incentivar o uso dos albergues da rede, dala a coñecer xunto co Carné de Alberguista, fomentar o movemento alberguista e que os mozos, mozas e grupos coñezan novos destinos.




As persoas e grupos posuidores dun bono poderán facer uso del en calquera albergue da rede para estancias que teñan lugar ata o 31 de maio de 2023. Por tanto, as persoas usuarias ou grupos deberán asegurarse de que as súas estancias (pernoitas) teñen lugar antes de dita data, xa que non poderán ser utilizados a partir dela.




A campaña Bonos Albergues REAJ componse de:

- Bonos Individuais de 30 euros (IVE incluído).

- Bonos Grupais de 200 euros (IVE incluído).




Os devanditos bonos serán postos ao dispor dos usuarios na páxina web de REAJ cada semana de maneira graduada.

LINGUA DE NAMORAR

 Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e máis pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram) cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes, cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

- 1º Tableta 10' Samsung A8
- 2º Libro electrónico Kindle
- 3º Cascos sen fíos JBL

Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Tableta 10' Samsung A8

Prazos de participación e votación

O prazo para enviar as mensaxes remata o venres 17 de marzo.

Do 20 ao 26 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas nas categorías A e B deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto na páxina do concurso.

No caso da nova categoría C a mensaxe gañadora seleccionarase en dúas fases:

1. O xurado do concurso fará unha preselección de 6 mensaxes de entre todas as presentadas en prazo e que respecten o indicado nestas bases.

2. O 10 de abril daranse a coñecer as 6 mensaxes preseleccionadas polo xurado, que concorrerán á votación final do público do 11 ao 16 de abril. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de gústame por parte do público. No caso de que exista empate entre dúas ou máis mensaxes prevalecerán no cómputo o número de gústame dados por parte de seguidores/as de @xuventudegalicia e @linguagalega. A organización reserva para si o dereito de establecer calquera outro procedemento de desempate.

Curso oficial de Monitor/a


 


                                                                DIVIERTETE 

viernes, 10 de marzo de 2023

Que o inverno non te pare

 Que o inverno non te pare

Curso en Mera de ocio e tempo libre.

A Escola Galega de Tempo Libre convoca un novo curso.

Modalidade: Mixta
Lugar: Rúa Subiña, 6, Mera, Oleiros - A Coruña
Datas:  1 de Abril de 2023 ata o 17 de Maio de 2023



escolagalegatl@gmail.com para mais información😀


Venta de pisos de particulares en la ciudad de Torre

BOLSA REAL

Women'secret presenta a edición de 2023 do seu proxecto Real Changers: mulleres que cambian as regras. Estas bolsas nacen en 2021 como unha iniciativa para dar ás mulleres que perseguen os seus soños e non tiveron a oportunidade de conseguilos.

Quen son Real Changers?
Son mulleres que nos motivan, ambiciosas, que saben que tanto as pequenas cousas do día a día como os grandes pasos, contan e poden
significar un cambio. Mujeres que non tiveron a oportunidade de poder estudar ou formarse e que desexan loitar para conseguilo.
Se o teu soño é seguir crecendo e alcanzar as túas metas, estas bolsas son para ti.

Este ano ofrecen 3 bolsas formativas de 8.000 euros para que poidas lograr o teu soño académico. Só tes que contar a túa historia e explicar por que es a Real Changer desta edición.

As tres historias máis inspiradoras levarán as bolsas. Poderán participar todas aquelas mulleres maiores de idade e con domicilio en España.

Este proxecto ten a misión de dar visibilidade ás mulleres e de ofrecer oportunidades para potenciar o seu éxito en ámbitos académicos e laborais. Para iso, convidamos a todas a contarnos as súas historias, proxectos, vivencias… co fin de poder gañar unha bolsa para estudar o que máis desexen.


VOLVE MO_CIDADE, O CONGRESO DA XUVENTUDE GALEGA

 A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia organizará, do 23 ao 26 de marzo na Coruña, a terceira edición de Mo_cidade, o congreso da xuventude galega que aúna formación, creatividade, emprendemento, cultura e lecer e que permitirá establecer sinerxías, compartir experiencias, proxectos ou ideas, e fomentar a participación e o diálogo entre o público asistente.

Nesta ocasión e como novidade, a terceira edición de Mo_cidade ofrecerá unha programación específica para público técnico (xornadas do xoves e venres pola mañá), a maiores da tradicional para a mozos e mozas de 18 a 30 anos (venres pola tarde e sábado). De feito, Mo_cidade busca asentarse como un evento de referencia para a xuventude grazas a unha programación multidisciplinar, moderna e á vangarda das novas correntes e sectores emerxentes.

A inscrición no evento, totalmente gratuíta, dará acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, ás actuacións musicais, así como ao aloxamento (incluíndo con este almorzo e
cea) durante os días do encontro.

Ademais, o evento contará cunha zona de networking e formación e cunha zona expositiva con stands de diferentes entidades, asociacións xuvenís e de voluntariado.

Consulta aquí o programa completo do encontro

 

Datas de realización: do 23 ao 26 de marzo de 2023.

Lugar de realización: Palexco (A Coruña).

Aloxamento: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo), en dormitorios compartidos.

Destinatarios: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos) e persoal técnico do sector do ocio educativo e tempo libre.

Prazas ofertadas para a mocidade: 300.

Prazo de inscrición para a mocidade: do 1 ao 15 de marzo.

Inscrición para a mocidade: será en liña a través deste formulario electrónico.

 

Procedemento de adxudicación de prazas: as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.

A confirmación da praza farase por correo electrónico no prazo máximo de tres días hábiles tras realizar a inscrición. Unha vez confirmada a praza, e tal e como se indique na comunicación de confirmación, haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico:

  • Fotocopia escaneada do DNI/NIE.

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de agarda por orde de entrada.

A ausencia de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala, ocasionará a baixa automática do encontro e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en lista de agarda.

As persoas admitidas que por calquera motivo non poidan finalmente asistir ao encontro deberán comunicalo a través dun correo electrónico (xuventur@xunta.gal) cunha antelación mínima de catro días naturais á data de inicio do evento, co fin de poder asignar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de agarda. De non facelo así quedarán excluídas da participación en sucesivas edicións deste encontro e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transporte: a organización poñerá a disposición das persoas inscritas autobuses para desprazarse entre o aloxamento incluído neste evento e o Palexco. O traslado entre a localidade de domicilio á
Coruña será por conta das persoas inscritas.

Acreditación: o acceso a todas as actividades do encontro esixe que a persoa moza participante se acredite, como hora límite, ás 10:00 horas do sábado 25 de marzo de 2023. Deste xeito, o horario de acreditación para a mocidade, e tal e como se reflicte no programa, abrirase o venres in situ no evento ás 16:30 horas e finalizará o sábado ás 10:00 horas. De non presentarse neste horario e, salvo causa xustificada, a persoa quedará excluída das actividades programadas.

Máis información: xuventur@xunta.gal .

Anímate ao Concurso Musical ¡Cantalingua!



Concurso musical, ¡Cantalingua 2023! 
  



 

Premios Virxe do Carme 2023 para a mocidade

A Armada convoca os premios do Carme correspondentes ao ano 2023.
Investigación histórica: para o mellor relato histórico darase 5.500 euros
Relato curto “Relatando a mar”. Para o mellor traballo relacionado coa mar dotase con 2.000 euros



- Elabora o teu cartel.
Para o mellor traballo individual que deseñe un cartel anunciador que permita, dunha forma identificar e personalizar os Premios Virxe do Carmen 2024.
A súa temática deberá gardar relación co sistema de frotas que a Monarquía Hispánica
Dirixido a alumnado de 2º Ciclo de ESO,Vista Aérea Del Barco Azul Y Marrón · Foto de stock gratuitaimaxe
                                                                                                                                           de
                                                                                                                                         pexels











miércoles, 8 de marzo de 2023

PIPOCAS

Encontra aquí todas as series e filmes que están dobrados ao galego, un catálogo con máis de 100 filmes e series que se actualiza permanentemente!! Se botas de menos algunha serie ou filme, comunícallo a PIPOCAS .

Clica xa  AQUÍ  e prepara as túas pipocas, a sesión vai comezar!!!




viernes, 3 de marzo de 2023

Concurso de Música en directo


                                                   http://www.abiertohastaelamanecer.com/                                        
 

Monitor de tiempo libre.

 Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Cangas

Concurso de cómic


20º Concurso de cómic de Cangas do Morrazo




O concello de Cangas do Morrazo presenta a 20ª edición do seu concurso de cómic

Se queredes saber máis pinchade aquí






Apuntaste ?


 

! Obradoiros perfectos para rapazes e rapazas entre 14 e 20 anos ¡

Enquisa para a mocidade

 


Capitaliza o teu talento:  lanza unha enquisa para coñecer a realidade da mocidade rural e urbana
23 Feb 2023



Publicado enNovas e actividades



Desde a Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) lanzan a enquisa "Capitaliza o teu talento: o medio rural necesítate!" para coñecer as prioridades e retos da mocidade. Está enfocada tanto a mozos e mozas rurais como urbanos, dado que un dos nosos obxectivos é comprender as causas da migración entre o medio rural e o urbano e propoñer solucións para a retención de talento.

O obxectivo principal desta enquisa é que as nosas futuras accións teñan unha base sólida e estean asentadas sobre preocupacións e inquietudes reais e actuais. Ademais, desde REDR compartiranse os resultados dentro do labor de incidencia a nivel nacional e europeo, para así poder sentar as bases dunha actuación coordinada en materia de mocidade.

Animámosvos a que difundades a enquisa nos vosos territorios, cos centros de formación e emprego, asociacións e concellos, ademais de nas vosas canles de comunicación habituais. Tamén vos animamos a utilizar o hashtag #CapitalizaTuTalento nas vosas publicacións.



Podes acceder á enquisa a través da páxina web de REDR: www.redr.es

jueves, 2 de marzo de 2023

EVENTO DE OCIO


 Bo día.


Tes ganas dun evento de ocio para coñecer xente nova e facer actividades?


Dende a Consellería de Política Social e Xuventude comprácenos convidarte a un evento que seguro che gustará: 

MOCIDADE 2023. Congreso galego de Xuventude. Horizonte 2030

Desenvolverase na Coruña (edificio Palexco) do 23 ao 26 de marzoSerá unha xuntanza do eido da xuventude, tanto para persoal técnico como para mozos e mozas. Porén, a parte dedicada de xeito máis directo á mocidade empezará o venres 24 ás 16:00 e rematará o domingo á mañá.

O obxectivo é pensar en colectivo como é a mocidade presente, así como reflexionar sobre os avances feitos nos últimos anos e os proxectos de futuro.

Os mozos e mozas que participedes teredes aloxamento gratuíto durante o congreso.

No seguinte enlace tes toda a información e o enlace para te inscribir, aberto ata o 15 de marzo.

Contamos contigo!

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...