viernes, 5 de mayo de 2023

Bolsas en actividade comercial



A Dirección Xeral de Comercio e Consumo convoca 2 bolsas de formación.

O programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

Requisitos:
Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Estar en posesión dalgún título universitario e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2014 ou posterior.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 9.000 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 22 de maio de 2023 e deben tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento IN225A.

Máis información no DOG do 21 de abril de 2023 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/direccion-xeral-de-comercio-e-consumo así como no teléfono 881 995 799 e no correo cei.dxc.axudas@xunta.gal



No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...