viernes, 19 de mayo de 2023

Certame de Relatos Breves Feiraco



O Certame de Relatos Breves Feiraco chega a súa XI edición para incentivar a creación literaria.

Presenta dúas categorías de participación:

- nivel 1 para alumnado de 5º e 6º de primaria - nivel 2 para estudantes de 1º e 2º da ESO

Os textos, de temática é libre, co único condicionante de que a historia aconteza na Galicia do futuro, serán orixinais e estarán escritos en galego e terán unha extensión dunha páxina DINA-4 por unha soa cara como máximo. Os centros deberán remitir un relato seleccionado como máximo de cada nivel (de ser o caso), en formato pdf, a través da web falarei.gal/certame. O prazo de recepción estará aberto ata o 9 de xuño de 2023.

O xurado valorará a orixinilidade e creatividade, o coidado na redacción e o uso correcto da lingua galega das narracións.

Premios:

O relato gañador de cada nivel poderá gozar dunha excursión para toda a clase do autor,con transporte incluído, a unha granxa da empresa, durante o curso 2022/2023, onde poderá vivir a experiencia de ser gandeiro ou gandeira por un día. O/A autor/a da historia gañadora recibirá, ademais, unha mochila de vaca Feiraco. Alén diso, as mil primeiras persoas participantes recibirán un estoxo e o alumnado finalista de cada centro participante, un caderno de vaca Feiraco.

Maís información en: https://falarei.gal/certame/



No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...