viernes, 2 de junio de 2023

III Concurso Canta con Ames 2023

                   

                      O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.

         Poden participar no concurso persoas non pertencentes ao mundo profesional da música nin na               actualidade, nin no pasado.

A persoas que desexen participar deben envíar un video con audio, en formato Mp4, coa interpretación sen base vocal orixinal de non máis de 1 minuto na seguinte dirección de correo electrónico:                                                                            amesnarua@gmail.com

              A presentación das solicitudes de inscrición realizaranse ata o 09 de Xullo de 2023.
    
    O certame divídese en catro categorías, a adscrición a cada unha dependerá da idade das persoas              participantes.

Primeira categoría: persoas ata 12 anos, categoría infantil.
Segunda categoría: persoas a partir de 13 anos ata 20 anos, categoría xuvenil.
Terceira categoría: persoas a partir de 21 anos a 40 anos, categoría sénior.
Cuarta categoría: persoas a partir de 41 anos en adiante, categoría súper sénior.

Os premios serán os seguintes:

- Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas pre badaladas e dúas tarxetas, unha valorada en 100 € para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames. (XEA), e outra tarxeta valorada en 100 € para gastar nos establecementos da Asociación do Parque Empresarial Novo Milladoiro.
- Aos 8 participantes que chegaran á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 € para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...