Benvidos ao noso blog dirixido polos correspondentes xuvenís do IES Urbano Lugrís de Malpica. Aquí poderedes atopar todo tipo de información! Descontos, vales, carnés… Estade pendentes!
viernes, 12 de mayo de 2023
bicicletas elèctricas
A Xunta de Galicia convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade empadroadas nun municipio de Galicia.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Contía das axudas:
- Axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido: 500 euros; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600 euros, e de 700 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial.
- Axuda por bicicletas de man híbridas ou eléctricas: 700 euros.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 10.00 horas do día 1 de xuño de 2023 e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.
A tramitación da solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal
Máis información no DOG do 5 de maio de 2023 e en https://ebici.xunta.gal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
III Concurso Canta con Ames 2023
O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023. Poden participar no concur...
No hay comentarios:
Publicar un comentario