viernes, 2 de junio de 2023

III Concurso Canta con Ames 2023

                   

                      O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.

         Poden participar no concurso persoas non pertencentes ao mundo profesional da música nin na               actualidade, nin no pasado.

A persoas que desexen participar deben envíar un video con audio, en formato Mp4, coa interpretación sen base vocal orixinal de non máis de 1 minuto na seguinte dirección de correo electrónico:                                                                            amesnarua@gmail.com

              A presentación das solicitudes de inscrición realizaranse ata o 09 de Xullo de 2023.
    
    O certame divídese en catro categorías, a adscrición a cada unha dependerá da idade das persoas              participantes.

Primeira categoría: persoas ata 12 anos, categoría infantil.
Segunda categoría: persoas a partir de 13 anos ata 20 anos, categoría xuvenil.
Terceira categoría: persoas a partir de 21 anos a 40 anos, categoría sénior.
Cuarta categoría: persoas a partir de 41 anos en adiante, categoría súper sénior.

Os premios serán os seguintes:

- Por cada categoría, aos 4 gañadores ou gañadoras premiaráselle cun trofeo en recoñecemento da participación, unha cesta saudable, un vídeo profesional sobre o seu paso polo concurso, cantar nas pre badaladas e dúas tarxetas, unha valorada en 100 € para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames. (XEA), e outra tarxeta valorada en 100 € para gastar nos establecementos da Asociación do Parque Empresarial Novo Milladoiro.
- Aos 8 participantes que chegaran á final en cada categoría premiaráselles cun trofeo, unha cesta saudable, un vídeo profesional do seu paso polo concurso e unha tarxeta regalo valorada en 30 € para gastar nos comercios da Asociación de Comerciantes Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).


Monitor/a

 Curso de monitor/a de actividades de tempo libre na ETL Aventeira

Apodera-t

Casa Mocidade Oleiros Xuño

 


Concurso de novela curta

 



O concello do Grove convoca o XXX premio de novela curta Manuel Lueiro de Rey.

O premio será de 3.000€ 

O prazo máximo é ata o 15/9/2023

Se che interesa participar, podes picar na imaxe ou aquí

Artes por todas partes


 Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes"   
A Fundación María José Jove organiza o campamento de arte de verán Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes", dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos en horario de 09 a 14 h. co obxectivo de xogar en torno á arte e á creatividade.
Quendas :Semana 1 (do 3 ao 7 de xullo): "Natureza viva" (Maruja Mallo: pintura, collages e cinematografía)
Semana 2 (do 10 ao 14 de xullo): "Arte é xogo" (Nave Oporto: escultura, reciclaxe e creación artística en equipo)
Semana 3 (do 17 ao 21 de xullo): "Cociñando con arte" (Bodegóns Colección FMJJ: recetas saudables, sostenibilidade e recursos naturais)
Semana 4 (do 24 ao 28 de xullo): "A química da arte" (Arte e Química: cores, textís e natureza)

https://www.fundacionmariajosejove.org/abierto-por-vacaciones-arte-por-todas-partes-campamento-de-verano-2023/Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes"

Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes"



A Fundación María José Jove organiza o campamento de arte de verán Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes", dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 14 anos en horario de 09 a 14 h. co obxectivo de xogar en torno á arte e á creatividade.

~~

😁       Para máis información clica aquí Aberto por Vacacións "Arte por todas Partes"

jueves, 1 de junio de 2023

Videoxogos e mocidade ( o próximo 6 de xuño )



Axenda do evento:

11:40 Benvida e presentacións institucionais
11h50 Vídeo presentación estudo «Videoxogos e mocidade: lugares, experiencias e tensións»
11h55 Mesa redonda: «Mozos gamers: quen son e como chegan a selo»
12h25 Despedida e peche

Non o perdas! Podes inscribirte aquí






Selección de centros docentes para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa



A Xunta de Galicia fai unha convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de 6º curso de EP e de ESO durante o curso 2023/24


O prazo para presentar solicitudes será desde o 25 de maio ao 25 de xuño, incluídos.


Así mesmo, o alumnado participante contará con actividades formativas non só académicas, senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico cunha metodoloxía adecuada á súa etapa educativa. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento da contorna.


As estadías organizadas pola Xunta desenvolveranse nun centro residencial en Galicia en quendas dunha semana de duración.

















III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...