viernes, 24 de febrero de 2023

Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas

 

Recuperación e utilización educativa de vilas abandonadas


O Ministerio de Educación convoca o programa .

Pode participar Alumnado que curse:
3º e 4º de ESO
Formación Profesional Básica
Ciclos formativos de Grao Medio de Formación Profesional
Ciclos formativos de Grao Medio de Ensinanzas Artísticos
Bacharelato
Transición á vida adulta, formación profesional para alumnos con necesidades educativas especiais.


Convocanse axudas para un máximo de 64 grupos de centros docentes españois compostos de 20 a 25 alumnos e 2 profesores, para a participación no programa nacional  
durante 16 quendas:
- Período de primavera: 8 semanas, comprendidas entre o 16 de abril e o 10 de xuño de 2023,
- Período de outono: 8 semanas, comprendidas entre o 24 de setembro ao 18 de novembro de 2023.
Dotación
Participación gratuíta na actividade que se desenvolverá de domingo pola tarde a sábado pola mañá..

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de febreiro de 2023.

Máis información :
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/pueblos-abandonados-periodo-lectivo.html








Concurso talento challenge 2023

         Concurso x Talento Challenge 2023

O concurso divídese en dúas fases: na primeira, cada equipo deberá contar, polo menos, con 2 participantes.Con diversidade funcional. E na segunda, será necesario contar con 3 participantes con diversidade funcional.

Requisitos:

 Mocidade de 14 e 18 anos cumpridos ao longo do curso 2022/2023 ( nacidos entre 2004-2008). Que formen parte de centros educativos, asociacións e outras entidades que conten con personalidade xurídica.

Dotación: 

A) Os 3 mellores proxectos recibirán un premio de 6.000$.

B) Cada participante de cada un dos tres equipos gañadores recibirá 1 tarxeta regalo valorada en 100$.

C) Premiarase cun Ipad ou Ipad Mini aos titores/as de cada equipo gañador.

O período de inscrición finalizará o 10 de Marzo de 2023. 

Os equipos que pasen á segunda fase, terán que presentar os seus proxectos ata o 28 de Maio de 2023.

Se queres máis información, contacta cos CorrespondentesXuvenis.



Galiciencia 2023

 Galiciencia 2023





Se queredes participar soamente tedes  que enviar un vídeo de 1 minuto como límite coa vosa idea.




Para máis información pincha aquí




jueves, 23 de febrero de 2023

Nova axuda de 200 euros para persoas físicas



A Axencia Estatal de Administración Tributaria convoca unha nova liña de axudas que consiste nun pago único de 200 euros, para as persoas físicas de baixo nivel de ingresos



Requisitos
Persoas que viven en España.
Realizasen unha actividade por conta propia pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
Fosen beneficiarios da prestación por desemprego.
Non superen 27.000 euros íntegros de rendas, e 75.000 euros de patrimonio ao 31 de decembro de 2022 (descontando a vivenda habitual).
A axuda tramítese mediante Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria
O prazo e dende o 15 de febreiro ata o 31 de marzo de 2023.

 iFotos gratis : césped, flor, publicidad, dinero, salvar, parecer,  financiar, Billete de banco, Billete de un dólar, papel moneda, Notas de  euro, Billetes en euros, 200 euros 6016x4000 - - 590533 - Imagenes gratis -  PxHereimagen PxHere

viernes, 17 de febrero de 2023

Obradoiro en Vilagarcía

 


Obradoiro de Cerámica en Vilagarcía


Venres 3 de Marzo de 18:30 a 20:30 no espazo Xove de Vilagarcía


Dirección: Rúa Juan Carlos I, 37


Para máis información:

Pincha aquí

Bolsas

    Axudas para gasto de escolarización en infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

                                            

Fundega fai unha convocatoria de axudas destinadas a sufragar, parcialmente, os gastos de escolarización do curso escolar 2023-2024 para alumnado de centros escolares radicados nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

As axudas están dirixidas aos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os criterios que se aplican para establecer as axudas son: renda ou ingresos, resultados académicos do alumno, número de integrantes da unidade familiar, engadindo as circunstancias persoais actuais das familias solicitantes.

Como norma xeral, a axuda terá unha dotación económica máxima de 1.800 € por beneficiario/a.
Esta contía limítase a 850 € por beneficiario para o alumnado que cursen estudos no ciclo de educación infantil.😆

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2023.

http://fundega.es/uncategorized/convocatoria-de-ayudas-para-gastos-de-estudio-curso-2023-2024/ 

Axudas de limpeza para montes.





A Consellería de medio Rural convoca axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais. ☺☺




Axuda 1 : axudas para realizar tratamentos silvícolas, coa finalidade de prevención de incendios e as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e, especificamente, en piñeirais de piñeiro do país.

Axuda 2 : plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente unidas ao crecemento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario MR605A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2023.
Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2023.

imagen Wikimedia Commons

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...