viernes, 26 de mayo de 2023

Estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño





A Xunta de Galicia convoca as estadías nas residencias de tempo libre das localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense)


Persoas destinatarias
Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior.
Enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan de xeito permanente ou temporal, coa persoa solicitante.
Así mesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.


Distribución das prazas







Tipos de servizo
Servizo de aloxamento: inclúe a limpeza diaria.
Servizo de comedor: réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).


Prezos: DOG do 2 de marzo de 2012


As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS419A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2023.
Máis información no DOG do 15 de maio de 2023 e en https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia/residencias-de-tempo-libre

No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...