viernes, 21 de abril de 2023

Carné xove nas librerías

 A federación de libreiros de Galicia volve a adherirse ao Carné Xove 


A partir de agora en gran parte das librerías de Galicia terán un desconto do 5% en libros e do 10% en papelería

Se queres saber as librerías, pincha ➡aquí

Proxectos de creación literaria e ilustración

Modalidades:

a. Narrativa: mínimo 200 páxinas para novelas e 100 páxinas para novelas curtas e conxuntos de relatos.



b. Poesía e prosa poética: máis de 500 versos ou equivalente.



c. Teatro: mínimo 80 páxinas.



d. Cómic e novela gráfica: mínimo 40 páxinas.



e. Ensaio, incluíndo biografías, sobre un tema propio do campo das humanidades: mínimo 150 páxinas.



f. Literatura infantil e xuvenil: mínimo 25 páxinas infantil e 150 páxinas xuvenil.



g. Tradución, desde unha lingua estranxeira a calquera das linguas oficiais de España, de obras de dominio público que se poidan considerar dentro do ámbito das humanidades.



h. Ilustración de obras clásicas ou contemporáneas de dominio público, pertencentes ao ámbito das humanidades: o texto correspondente con polo
menos 25 ilustracións.





Beneficiarias: persoas maiores de idade, de nacionalidade española ou con residencia en España. Cada participante só poderá concorrer cun proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de maio de 2023.

Máis información en : 

50€ para mercar libros!!!

Gaña un vale de 50€ para mercar  Librerías da Federación de Libreiros de Galicia

 Para participar tes que:

1. Darlle gústame a esta publicación en Instagram

2. Seguir a @xuventudegalicia

3. Mencionar/etiquetar o perfil dunha amizade explicándolle que libro lle recomendas comprar co desconto do Carné Xove.
IMPORTANTE! Se mencionas ou etiquetas o establecemento no que usas o Carné Xove tes dobre participación.

4. Ter o Carné Xove

Podes participar ata as 12 pm do 27 de abril!

 máis descontos en https://carnexove.xunta.gal/gl/descontos

50 € para mercar libros!!

Logo dos Correspondentes xuvenís do IES Urbano Lugrís de Malpica

 


Guía Ti Elixes!

                                                        

   Pode que necesites axuda





A Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña elaboran e publican a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar e asesorar ao alumnado sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.

Podes obter máis información nos Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Teléfono: 981 184 294
WhatsApp: 606 362 366
Email: cmix@coruna.gal
https://twitter.com/MocidadeCoruna       https://www.facebook.com/mocidadecoruna/

Actividades Abril PIX do Temple-Cambre



O PIX do Temple convoca as seguintes actividades no mes de Abril:

- Obradoiro Pintado bolsas de tea 14 de abril ás 18 h.

- Cociña SUSHI ó 21 de abril ás 18 h.

- Torneo Tenis de mesa ó 28 de abril ás 18 h.
-Máis información:
O TEMPLE: CASA DAS PALMEIRAS
Rua Tapia 1
15.679, O Temple, Cambre
981.650.269
604.027.967
pixtemple@cambre.org
 

Premios Extraordinarios de ESO

                                                        

                                           Queres ganar o premio?

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.

1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.

Requisitos: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.


As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D.
Máis información no DOG do 14 de abril de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

Premios extraordinarios de ESO

80 Bolsas en habilidades empresariais das industrias culturais e creativas



O Ministerio de Cultura convoca 80 bolsas do Plan formativo en habilidades empresariais.

- O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 17 de abril de 2023

- Finaliza o 14 (horas) do 16 de xuño de 2023.🔓

 
Para máis información clica aquí

viernes, 14 de abril de 2023

XVI Concurso Nacional de Teatro Clásico Gregolatino



Poderán partcipar en este concurso centros públicos e privados:

Modalidade A: todos os grupos de teatro, nos que só actúen alumnos matriculados en ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
Modalidade B: poderá participar unicamente alumnado matriculado en ESO.

Premios:

Modalidade A.1. Premios na categoría de traxedia grega/latina ou comedia grega:
Primeiro premio: 8.000 €.
Segundo premio: 3.000 €.
Modalidade A.2. Premios na categoría de comedia latina:
Primeiro premio: 6.000 €.
Segundo premio: 2.000 €.
Modalidade B. Premios na categoría de representacións breves:
Primeiro premio: 4.000 €.
Segundo premio: 1.000 €.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación estará aberto ata o 26 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 8 de marzo de 2023 ou https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/premios.html





Movilidad no ámbito do deporte en base

 


Mobilidade Erasmus+ no ámbito do deporte en base


Esta nova acción do programa Erasmus+ ten como obxectivo principal contribuír ao desenvolvemento das organizacións de deporte de base apoiando a mobilidade educativa do seu persoal para favorecer o desenvolvemento profesional e a mellora de competencias e capacidades de adestradores e outros membros do persoal.
Para iso, financiaranse proxectos de mobilidade educativa mediante os que as organizacións deportivas do deporte de base poderán organizar, noutros países, actividades de formación ou aprendizaxe para o seu persoal.
Poderán apoiarse as oportunidades de mobilidade educativa para o persoal do deporte distinto do deporte de base cando a súa participación poida beneficiar ao de base.

Un proxecto pode incluír unha ou máis actividades. As actividades poden combinarse en función dos obxectivos do proxecto e as necesidades da organización ou organizacións participantes e os propios participantes.

Work in Tech para colectivos en risco de exclusión

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción pon en marcha unha nova edición do proxecto Work in Tech, que ofrece 400 bolsas para mozas e mozos de 18 a 35 anos .
As bolsas gratuítas son para:

formación en UX (Deseño de experiencia de usuario)
Data Analysis (Análise de datos)
Project Management (Xestión de proxectos)
Marketing dixital
comercio electrónico, Cybersecurity (Ciberseguridade),


Alguén que conozas interésalle clica aquí → https://workintech.campusfad.org/

VIII Concurso De Coros Escolares



                         Queres apuntarte?

O Ministerio de Educación convoca o VIII Concurso Nacional de Coros Escolares nos ensinos non universitarios correspondente ao curso escolar 2022-2023.

Poderán participar neste concurso centros públicos e privados que conten cunha agrupación coral formada por alumnado do centro pertencentes aos niveis de Educación Primaria (Modalidade A) e ESO (Modalidade B).

Premios:
Modalidade A.
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.
Modalidade B.
Primeiro premio: 8.000 euros.
Segundo premio: 3.000 euros.
Terceiro premio: 1.000 euros.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación estará aberto ata o 26 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 8 de marzo de 2023.






  V Concurso de Podcasts-Radio na biblio
Poderán participar os centros públicos non universitarios.
O/os podcast, en formato .mp3/.wav: pode ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un noticieiro, un faladoiro, un recital, un debate, un programa monográfico...
O programa estará realizado en lingua galega.
Os centros educativos poderán concursar enviando entre 1 e 3 podcasts, cunha duración mínima de 3 minutos e máxima de 5. Cada podcast entregarase nunha solicitude independente.
O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria estará aberto ata o 28 de abril de 2023.
Establécense catro modalidades, segundo o nivel do ensino, e seleccionaranse dous podcasts por modalidade, atendendo á orixinalidade do traballo e a calidade sonora e de contido.                                                                                             premios                                                                               Alumnado de 1/2 de primaria                                                                     

 1º premio 1.000 €

2º premio 1.000 €
Alumnado de 3º a 6º de Primaria
1º premio 1.000 €
2º premio 1.000 €
Alumnado de Secundaria
1º premio 1.000 €
2º premio 1.000 €                                                                                                                                       bacheralato e outras ensinanza
1º premio 1.000 €
2º premio 1.000 €                                                                                                                                        Más información https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39444 









































                                                                                                                                                                                                                                   n                                                                           


Curso Monitor de Tempo Libre na A Coruña


 

Inspiraciencia

 

Inspiraciencia é unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura de maneira lúdica para pensar e imaxinar.

Ten como obxectivo fomentar o pensamento científico a través da escritura.

Pódese presentar un relato dun máximo de 800 caracteres e hai dúas categorías:

nova (para menores de 18 anos) e adulto (a partir dos 18 anos).

O prazo está aberto ata o 4 de xuño de 2023.

Se queres saber máis pincha →aquí← acordadevos de entrar a pajina 

 Premios de benestar emocional no ámbito educativo...


O que fan aquí e darche un curso que empeza cando una persoa esta triste .sigue triste . Sigue seria , sigue feliz e sigue moi feliz. Aquí vas aprender as ventajas  da túa altura duna manéira correcta dandoche una autoestima na parte da altura increible e facéndote saber o bo e o malo da altura na que midas.

Concurso de contos en Vila de Pontedeume. ¡ ANÍMATE !

Poderán participar estudantes de 3º e 4º da ESO, Bacharelato, ciclos de FP Básica e ciclos de FP de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.

Os contos estarán en lingua galega e cada participante presenta unha única obra.

Os contos, que deberán ser orixinais, inéditos e non publicados e premiados anteriormente, terán unha 
extensión non inferior a 6 páxinas nin superior a 8, estarán mecanografados a dobre espazo interlineal con letra Arial, corpo 12, e tamaño DINA4. As follas deberán estar paxinadas.

Establécese un único premio dotado con 600 €.

O prazo para presentara contos estará aberto ata o 20 de abril de 2023

Se necesitas saber máis :

jueves, 13 de abril de 2023

ministerio de cultura

O Ministerio de Cultura e Deporte convoca axudas para a promoción da arte contemporánea española

Os conceptos polos que se poden solicitar as axudas convocadas por medio de convocatoria son:


- Creación e produción artística: realización de proxectos de creación e produción de artistas.
- Programación anual en galerías de arte: realización de proxectos expositivos como parte da programación anual de exposicións nos espazos propios das galerías e outros espazos vinculados á arte contemporánea. Por programación anual da galería entenderase todas aquelas exposicións que estivesen abertas ao público entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023, independentemente de que as súas datas de inauguración e clausura realizáronse noutra anualidade.
- Proxectos de investigación cultural: realización de proxectos de investigación en educación e mediación cultural, proxectos de comisariado, así como as publicacións derivadas destes proxectos que conteñan investigacións ou contidos inéditos.

Poderán beneficiarse destas axudas aqueles profesionais, que estean inscritos no Réxime Especial de traballadores autónomos

A actividade subvencionable deberá levar a cabo, como máximo, ata o 31 de decembro de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de abril de 2023
Máis información no BOE do 25 de marzo de 2023 e en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/683317

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...