viernes, 31 de marzo de 2023

Axudas




A Consellería de Emprego e Igualdade convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

Entre outros terán preferencia os seguintes proxectos:
- Proxectos que establezan servizos dirixidos as persoas mozas e ás mulleres, tendentes a favorecer a súa participación social e laboral.
- Proxectos que consistan no establecemento de oficinas municipais de información xuvenil, mediante a contratación de mozos e mozas desempregados menores de 30 anos para realizar as funcións de información, animación ou dinamización xuvenil.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, a través do formulario TR351A
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de abril de 2023.
Máis información no DOG do 21 de marzo de 2023.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...