jueves, 2 de marzo de 2023

EVENTO DE OCIO


 Bo día.


Tes ganas dun evento de ocio para coñecer xente nova e facer actividades?


Dende a Consellería de Política Social e Xuventude comprácenos convidarte a un evento que seguro che gustará: 

MOCIDADE 2023. Congreso galego de Xuventude. Horizonte 2030

Desenvolverase na Coruña (edificio Palexco) do 23 ao 26 de marzoSerá unha xuntanza do eido da xuventude, tanto para persoal técnico como para mozos e mozas. Porén, a parte dedicada de xeito máis directo á mocidade empezará o venres 24 ás 16:00 e rematará o domingo á mañá.

O obxectivo é pensar en colectivo como é a mocidade presente, así como reflexionar sobre os avances feitos nos últimos anos e os proxectos de futuro.

Os mozos e mozas que participedes teredes aloxamento gratuíto durante o congreso.

No seguinte enlace tes toda a información e o enlace para te inscribir, aberto ata o 15 de marzo.

Contamos contigo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...