viernes, 3 de marzo de 2023

Enquisa para a mocidade

 


Capitaliza o teu talento:  lanza unha enquisa para coñecer a realidade da mocidade rural e urbana
23 Feb 2023



Publicado enNovas e actividades



Desde a Rede Española de Desenvolvemento Rural (REDR) lanzan a enquisa "Capitaliza o teu talento: o medio rural necesítate!" para coñecer as prioridades e retos da mocidade. Está enfocada tanto a mozos e mozas rurais como urbanos, dado que un dos nosos obxectivos é comprender as causas da migración entre o medio rural e o urbano e propoñer solucións para a retención de talento.

O obxectivo principal desta enquisa é que as nosas futuras accións teñan unha base sólida e estean asentadas sobre preocupacións e inquietudes reais e actuais. Ademais, desde REDR compartiranse os resultados dentro do labor de incidencia a nivel nacional e europeo, para así poder sentar as bases dunha actuación coordinada en materia de mocidade.

Animámosvos a que difundades a enquisa nos vosos territorios, cos centros de formación e emprego, asociacións e concellos, ademais de nas vosas canles de comunicación habituais. Tamén vos animamos a utilizar o hashtag #CapitalizaTuTalento nas vosas publicacións.



Podes acceder á enquisa a través da páxina web de REDR: www.redr.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...