Queres ganar o premio?
A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio non poderá exceder os 1.000 €.
3. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción.
4. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos: Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311D.
Máis información no DOG do 14 de abril de 2023 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu
Benvidos ao noso blog dirixido polos correspondentes xuvenís do IES Urbano Lugrís de Malpica. Aquí poderedes atopar todo tipo de información! Descontos, vales, carnés… Estade pendentes!
viernes, 21 de abril de 2023
Premios Extraordinarios de ESO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
III Concurso Canta con Ames 2023
O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023. Poden participar no concur...
-
O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023. Poden participar no concur...
-
O concello do Grove convoca o XXX premio de novela curta Manuel Lueiro de Rey. O premio será de 3.000€ O prazo máximo é ata o 15/9/2023...
No hay comentarios:
Publicar un comentario