viernes, 17 de febrero de 2023

Bolsas

    Axudas para gasto de escolarización en infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos

                                            

Fundega fai unha convocatoria de axudas destinadas a sufragar, parcialmente, os gastos de escolarización do curso escolar 2023-2024 para alumnado de centros escolares radicados nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

As axudas están dirixidas aos niveis de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os criterios que se aplican para establecer as axudas son: renda ou ingresos, resultados académicos do alumno, número de integrantes da unidade familiar, engadindo as circunstancias persoais actuais das familias solicitantes.

Como norma xeral, a axuda terá unha dotación económica máxima de 1.800 € por beneficiario/a.
Esta contía limítase a 850 € por beneficiario para o alumnado que cursen estudos no ciclo de educación infantil.😆

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2023.

http://fundega.es/uncategorized/convocatoria-de-ayudas-para-gastos-de-estudio-curso-2023-2024/ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

III Concurso Canta con Ames 2023

                                          O concello de Ames convoca o III concurso Canta con Ames 2023.          Poden participar no concur...